Abstracto - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Abstracto
O termo abstracto pódese entender de dúas formas. En primeiro lugar, podemos dicir que é "abstracto" aquilo que nos representamos intelectualmente de xeito que non conteña ningunha das características individuais, particulares, dun obxecto; neste sentido dicimos que os conceptos universais son abstractos.

Pero tamén podemos entender por "abstracto" aquilo ao que non lle corresponde ningún dato sensíbel, ningunha intuición sensíbel, e que, xa que logo, só se pode coñecer mediante o intelecto, dado que o obxecto ao que se refire non ten realidade empírica. Neste sentido dicimos que son "abstractos" os conceptos formais, como os que atopamos na lóxica e nas matemáticas, aos que non lle corresponde ningún obxecto empírico.